Friday 17 de May de 2024

Todo listo para a VII Feira de Oportunidades


Dende o vindeiro xoves e ata o sábado os comerciantes de Ordes ofrecerán os mellores prezos en moda, complementos, calzado, fogar, deporte etc

O Concello de Ordes xa ten todo listo para que o vindeiro xoves, 6 de setembro, arranque a sétima feira de oportunidades. Durante tres días consecutivos no primeiro andar da Praza de Abastos poderanse atopar as mellores gangas ofrecidas polos comerciantes de Ordes a todo tipo de público.

Nesta nova edición participan os seguintes establecementos e firmas comerciais: Capitán (calzado), Carma (zapatería), Blanco moda infantil e xuvenil, Manuel Rodríguez (moda home e muller), Muxa (moda muller), Chic (moda muller), Arco Iris (mercería), Sportec (deporte), Alfombra Roja (zapatos), Dress (moda muller), Numa (moda muller), Dana y Aine (complementos), Peteiro (decoración) e Aromas (fragrancias).

De xoves a sábado o horario da feira irá de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas. Tamén se habilitará un recuncho infantil para as persoas que visiten a feira. O xoves e venres o horario deste servizo irá de 18 a 20 horas. O sábado será de 10.30 a 12.30 horas e novamente de 18 a 20 horas.